Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 17 Novembro, 2019

Dúas persoas resultaron feridas despois dunha colisión frontal entre dous turismos na Ou-504, á altura do punto quilométrico 3, no concello ourensán de Ribadavia.

Ao fío das 15:30 horas, a chamada dun particular alertou aos xestores do 112 Galicia do accidente. No seu relato, o alertante informou que debido ao impacto, un dos vehículos rematou envorcado na vía e os seus ocupantes necesitaban axuda.

Decontado, desde o 112 pasouse aviso aos profesionais sanitarios, aos Bombeiros de Carballiño e ao GES de Ribadavia.

Ao finalizar a intervención, os efectivos de emerxencias confirmaron que non foi necesario o uso do material de excarceración e os feridos foron trasladados ata o centro hospitalario.

Tamén acudiron ao lugar do accidente, tras ser alertados polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, os membros de Protección Civil da localidade e o servizo de mantemento da vía.

facebook twitter instagram