Escoitar
venres, 16 Abril, 2021

Un home precisou ser evacuado en helicóptero medicalizado tras sufrir unha caída nunha pista forestal no concello do Carballiño.

A alerta entrou na central do 112 Galicia a través da chamada dun particular, ás seis e media da tarde. Nesta, a persoa requería asistencia sanitaria para un home que acababa de caer da súa bicicleta, no medio do monte, e perder a consciencia no golpe.

Inmediatamente, os xestores do CIAE-112 alertaron aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, aos Bombeiros e membros de Protección Civil do Carballiño e ao 061.

Pouco despois, os servizos sanitarios confirmaron que o helicóptero medicalizado con base en Ourense, se desprazaba para a zona forestal situada entre os lugares de Cimadevila e Fonteantigua.

Finalmente, o 061 confirmou que o home foi trasladado en helicóptero ao hospital de referencia.