Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 20 Xuño, 2021

Os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron un helicóptero medicalizado que, tras tomar terra no lugar dos feitos, trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de referencia.

O accidente ocorreu ao fío das sete da tarde deste pasado sábado. Foi a esa hora cando unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun accidente entre un coche e un ciclista na OU-312, en Portela do Home, ao seu paso por Lobios (Ourense). No seu relato, aseguraba que o ciclista estaba moi ferido.

Decontado, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén foron informados os axentes de Tráfico e os membros do GES e de Protección Civil de Lobios.

Dúas persoas feridas en Redondela
Por outra banda, quince minutos antes desta medianoite, o 112 Galicia tivo constancia doutro accidente, a través dun particular,  con dous turismos implicados en Redondela e no que dúas persoas tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios.

Ocorreu na Rúa Santa Mariña, á altura do número 17. Ademais do persoal sanitario acudiron ao punto os axentes da Policía Local e de Protección Civil da localidade.

facebook twitter instagram