Escuchar
mércores, 5 Agosto, 2020

Un ciclista resultou ferido en Arzúa despois de bater cun turismo que continuou a marcha.

Ocorreu ás nove desta mañá na N-547, tal e como indicou unha persoa particular que chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica para o ocupante da bici. Esta persoa indicou que o vehículo implicado no accidente xa non estaba no lugar. Así que, ademais de avisar aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico para comprobar que, no mesmo lugar do accidente, había restos do coche.

Deste xeito, abriron unha investigación co fin de coñecer as circunstancias do suceso. 

En relación ao ferido, cómpre sinalar que foi evacuado en ambulancia ao Centro Rosaleda de Santiago.