Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 8 Maio, 2021

Un ciclista resultou ferido de diversa consideración, preto das doce horas, tras sufrir unha cando circulaba polo camiño do Rio Miño, na cidade de Lugo.

Foi a esa hora, cando o persoal sanitario solicitaba ao 112 Galicia a intervención doutros equipos de emerxencia para acceder ao ferido, pois o ciclista caera nunha zona de difícil acceso.

Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros de Lugo e á Policía Local.

Finalmente, o ferido puido ser evacuado ao Hospital Universitario Lucus Augusti despois de ser axudado polos axentes da Policía Local, que lograron chegar ao punto onde se atopaba grazas ao seu vehículo todoterreo.

Colisión frontal en Coruña
Por outra banda, ás 12:15 horas, unha colisión frontal entre dous turismos no Polígono de Pocomaco, na cidade da Coruña, deixou unha persoa ferida. Foi unha persoa particular quen chamou ao 112 para avisar do accidente e, ante a posibilidade de que un dos ocupantes non puidese abandonar o vehículo polos seus propios medios, informouse decontado aos Bombeiros da Coruña.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron que a persoa atopábase liberada e accesible.

Ata o lugar desprazouse o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e para o restablecemento das condicións de seguridade, o persoal do 112 avisou aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Igualmente, informouse aos membros de Protección Civil da localidade.

facebook twitter instagram