Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 28 Outubro, 2020

Un condutor cae a un depósito de auga duns catro metros de profundidade despois de saírse da vía co seu coche en Leiro.

Para saír do burato, necesitou da axuda dos bombeiros, que acudiron ao lugar tras recibir a chamada de alerta do persoal do 112 Galicia.

Como consecuencia do impacto e a caída, o home presentaba diversas lesións e contusións, polo que foi evacuado por equipo de Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.

Cómpre indicar que a información sobre este accidente chegou ao 112 Galicia preto da unha desta madrugada a través dunha persoa particular, que viu un coche fóra da vía na OU-504, en Lebosende, sen ninguén no interior. Sen embargo, logo comezou escoitar a alguén queixarse. Así, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais sanitarios e dos membros do GES de Ribadavia e dos Bombeiros do Carballiño en canto o equipo médico constatou a necesidade de efectuar un rescate a catro metros de profundidade.  

Este operativo contou, ademais, coa participaron dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

facebook twitter instagram