mércores, 5 Outubro, 2022
O home, de avanzada idade, dirixíase ao centro de saúde por mor dunhas picaduras de avespa que sufrira pouco antes. No transcurso da súa viaxe, unha indisposición levouno a saírse da vía e a colidir cunha vivenda en Santa Comba de Gargantós, pertencente ao municipio de San Cibrao das Viñas (Ourense).
Foi o mesmo implicado o que deu aviso ao 112 Galicia tras sufrir o accidente, ás 11 horas da mañá, polo que inmediatamente se avisou, ademais de a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.