Escuchar
mércores, 14 Agosto, 2019

Un accidente na Avenida de Madrid, en Vigo, obriga a intervir aos bombeiros para liberar a un condutor atrapado tras bater co seu turismo contra un farol.

Sucedeu ás 14:30 horas de hoxe, cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para dar conta dunha saída de vía en Vigo para o que eran necesarios medios de asistencia e rescate para o condutor. Deste xeito, desde o 112 Galicia, avisouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos bombeiros da cidade, que se encargaron de rescatar ao ferido que estaba atrapado no interior do coche.

Ademais, colaboraron neste operativo os axentes da Policía Local e foron informados os voluntarios de Protección Civil.

Accidente en Melide
Por outra parte, o 112 Galicia tivo constancia doutro sinistro en Melide, que deixou unha persoa ferida e importantes danos materiais. Tratouse dunha colisión entre un turismo e un tractor no lugar do Formigueiro. Como consecuencia do impacto, o coche quedoi encaixado baixo o tractor, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para alertar. Malia a situación na que quedaron os vehículos, o condutor do turismo puido saír polos seus propios medios. Iso si, necesitou asistencia médica.

A alerta sobre este accidente recibiuse no 112 Galicia ás 12:30 horas de hoxe e decontado activouse un operativo para o que se contou coa colaboración dos equipos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Arzúa, Policía Local e Protección Civil da vila.