Imaxe escoitar Escoitar
martes, 2 Xuño, 2020

Un home resultou ferido despois de envorcar o camión que conducía cando circulaba á altura da rotonda de Monelos, na Coruña.

Ao fío das 16:00 horas, unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para dar conta dos feitos. Indicaba que un camión que transportaba ramas acababa de envorcar e que o condutor xa saíra pola fiestra.

Con estes datos, o 112 Galicia informou decontado ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, á Policía local, aos Bombeiros e aos efectivos de Protección Civil.

Dúas mulleres feridas en Narón
Por outra banda, dúas mulleres resultaron feridas tras colidir a moto na que viaxaban contra un turismo cando circulaban pola estrada de Castela, á altura de Xubia, no concello de Narón.

Ademais dos servizos sanitarios ata o lugar desprazáronse os axentes da Policía Local, tras ser informados polo 112 Galicia. Así mesmo, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Bombeiros de Narón e dos efectivos de Protección Civil.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente sobre as 16:00 horas desta tarde.

facebook twitter instagram