Imaxe escoitar Escoitar
luns, 28 Outubro, 2019

Ningunha persoa resultou ferida nin afectada despois de producirse un escape de gas procedente dunha tubaxe situada na fachada dun edificio na parroquia de Viloira, no Barco. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia desaloxaron, por precaución, unha praza e un local de hostalaría.

A chamada dunha persoa particular ao fío das 20:00 horas ao 112 Galicia permitiu activar un operativo no que participaron os Bombeiros de Valdeorras, a Garda Civil, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Valdeorras e a Policía Local. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da empresa subministradora de gas.

facebook twitter instagram