Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 14 Febreiro, 2019

Un condutor resultou ferido esta madrugada ao saírse da vía en Mos.

O accidente ocorreu sobre as 02:30 horas, na recta dos Molinos, na A-55, na localidade pontevedresa de Mos.  A esa hora, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibía o aviso dun alertante que solicitaba asistencia sanitaria para unha persoa que sufrira un accidente no punto indicado.

Con estes datos, o 112 Galicia puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico. Ademais, informouse aos Bombeiros de Baixo Miño, de Vigo e aos membros do Servizo de Emerxencias Municipal de Mos.

Tras chegar ao lugar, os Bombeiros indicaron que  non foi preciso excarcerar pero si axudaron na evacuación do condutor, ao estar a porta do turismo atrancada.

Finalmente, o ferido foi trasladado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. 

facebook twitter instagram