Escoitar
venres, 14 Xaneiro, 2022

Dúas persoas, un home e un menor de idade, resultaron feridas despois de chocar dous vehículos en Teo, na estrada comarcal AC-841 á altura do lugar de Pontevea.

Os operadores do 112 Galicia foron coñecedores dos feitos, arredor das cinco e cuarto da tarde, mediante a chamada do persoal sanitario. A partir de aí, notificáronlle os datos á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Santiago, ao GES da Estrada e a Protección Civil da localidade. Ademais, tamén se lle brindou a información ao persoal de mantemento da vía e ao Centro de Xestión de Tráfico.

Desde o lugar, os membros de Protección Civil de Teo confirmáronlle ao 112 que as dúas persoas ían ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Atropelo en Ribadavia
Por outro lado, ao fío das 17:00 horas, o 112 Galicia tivo constancia dunha persoa que resultou ferida nun atropelo ocorrido na Avenida de Redondela, en Ribadavia.

Foi un particular o que informou do suceso aos operadores do CIAE-112 Galicia que, de inmediato, pasaron o aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia - 601, á Policía Local, aos membros do GES da localidade e aos Bombeiros do Carballiño.

Finalmente, o 112 tivo coñecemento de que a vítima foi trasladada en ambulancia.

facebook twitter instagram