Imaxe escoitar Escoitar
martes, 13 Novembro, 2018

Un home foi evacuado esta tarde en helicóptero despois de sufrir un accidente co coche que manexaba en Muros.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o vehículo no que viaxaba o ferido envorcou na AC-550 cando faltaba un cuarto de hora para as dúas da tarde. Como consecuencia do impacto, o home resultou ferido de consideración, perdeu a consciencia e mesmo quedou atrapado no interior do vehículo, polo que tiveron que intervir os efectivos do GES de Muros e os Bombeiros de Cee.

Unha vez liberado, o ferido foi atendido polos profesionais sanitarios que acudiron ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago a onde foi posteriormente trasladado. 

Ademais dos servizos sanitarios e de emerxencias, neste operativo participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

facebook twitter instagram