Escoitar
luns, 11 Outubro, 2021

Un home perdeu a vida esta tarde no lugar de Teixeiro, en Curtis, despois de caer desde unha altura de dous metros cando se atopaba traballando na súa casa.

Os feitos ocorreron moi preto das catro e cuarto. Foi, a esa hora, cando o 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que malia mobilizar un helicóptero medicalizado ata o lugar, tan só puido confirmar o falecemento do home precipitado.

Cómpre salientar que, para prestar apoio e colaborar co equipo médico desprazado na aeronave, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do GES de Curtis e da Garda Civil.