Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 25 Xuño, 2020

Un home faleceu esta tarde no concello ourensán de Castrelo do Val ao envorcar o tractor co que traballaba nunha finca situada da Rúa Salgadiños, en Castrelo do Val.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o home recollía pacas de herba no momento de producirse o accidente.

Ata o lugar desprazáronse decontado os servizos sanitarios de urxencia, pero, pese os esforzos, só puideron confirmar o falecemento da persoa. 

O 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 18:15 horas, mediante un aviso do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba da mobilización do helicóptero con base en Ourense ata o lugar. A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso inmediato aos membros do GES de Laza e dos axentes da Garda Civil. Do mesmo xeito, informaron dos feitos aos Bombeiros de Verín.

facebook twitter instagram