Escoitar
martes, 28 Xuño, 2022

Un septuaxenario falece en Melide tras ser alcanzado por un vehículo.

O tráxico accidente, rexistrado no 112 Galicia pasadas as nove desta mañá, produciuse na N-547, ao paso polo casco urbano melidense.

Así o explicou unha dotación a bordo dunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que circulaba polo mesmo punto, camiño doutro servizo. 

Pola súa parte, o persoal do 112 Galicia avisou aos axentes da Policía Local, que xa tiñan coñecemento do suceso, e da Garda Civil de Tráfico, así como aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

facebook twitter instagram