Imaxe escoitar Escoitar
luns, 7 Marzo, 2022

Un home perdeu a vida esta tarde ao envorcar o tractor que manexaba e quedar debaixo do vehículo agrícola nunha pista forestal en Laza, na parroquia de Toro.

Foi ao fío das catro e media cando o 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través dunha persoa particular.

De inmediato, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar dos feitos. A pesar dos esforzos, o equipo médico desprazado na aeronave nada puido facer por salvarlle a vida ao home accidentado.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Verín, do GES de Laza e da Garda Civil.

facebook twitter instagram