Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 17 Setembro, 2020

O condutor e único ocupante dun turismo perdeu a vida esta tarde en Vigo ao saírse da vía e caer por un desnivel o vehículo no que circulaba na Subida á Madroa. Debido ao impacto, o home quedou atrapado no interior do coche e foi precisa a intervención dos Bombeiros de Vigo, que empregaron o material de excarceración para liberalo.

O sinistro tivo lugar ás 13:45 horas desta tarde. Nese intre, o 112 Galicia recibía un aviso dos profesionais sanitarios de urxencia que solicitaban a colaboración dos equipos de emerxencia para liberar á persoa atrapada no interior do vehículo accidentado.

Axiña, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos bombeiros e dos axentes da Policía Local, que se encargaron de regular o tráfico e manter as condicións de seguridade na estrada.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha vez liberado, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento.

facebook twitter instagram