Escoitar
luns, 23 Xaneiro, 2023

O ataque do animal deixou ao home ferido nun camiño de monte entre San Amaro e Freaza, na parroquia de Traspielas.

O 112 Galicia recibiu a alerta dos feitos a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo indicaba na súa comunicación, o home estaba ferido e só nunha pista. Por iso, os sanitarios solicitaron a intervención de medios de rescate para sacalo do monte, ante posibilidade de que a ambulancia non chegase á zona, de difícil acceso, na que se atopaba o ferido.

Deste xeito, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros do Baixo Miño, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea.

Segundo a información facilitada ao 112 polos servizos sanitarios, uns amigos do ferido achegárono ata o lugar onde se encontraba a ambulancia, na que foi atendido das feridas que sufriu nun brazo. Así, anulouse a intervención dos medios de rescate.