luns, 30 Xaneiro, 2023
O 112 Galicia recibía a alerta dos feitos ao fío das 13:00 horas, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo indicaba, a coidadora do home atopárao falecido no salón da vivenda, na que había fume. A muller daba conta dunhas cadeiras calcinadas, pero sinalaba que, no momento no que vira ao home, xa non ardía nada.
Así, tras recibir o aviso, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do GES de Valdeorras, da Policía Local e da Garda Civil, que se desprazaron ata o lugar onde ocorreron os feitos, na Rúa da Rubia.
Arestora, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.