Escoitar
mércores, 5 Maio, 2021

Un home precisou asistencia médica a pasada noite ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume despois de declararse un incendio na lareira da súa vivenda en Camariñas.

Os feitos sucederon na Estrada do Vilán, ao fío das once menos cuarto. Foi, nese momento, cando un veciño da persoa intoxicada alertou do incendio ao 112 Galicia.

Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxos profesionais trasladaron ao home intoxicado a un centro médico.

facebook twitter instagram