Escoitar
martes, 28 Setembro, 2021

Os equipos de emerxencia rescataron, a pasada tarde, o corpo dun home que faleceu tras caer dun muro mentres podaba, no lugar de Proame, na Laracha.

Minutos despois das sete da tarde, os servizos sanitarios informaban ao 112 Galicia de que unha persoa caera dun muro e estaba falecida. Segundo sinalaban desde o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, o corpo atopábase nunha zona de dificil acceso e precisaban medios para proceder á súa retirada.

Con estes datos, os xestores do CIAE 112 Galicia daban aviso aos Bombeiros de Carballo, á Garda Civil, á Policía Local da Laracha e a Protección Civil do municipio.

Cando chegaron ao punto, os servizos de emerxencia confirmaron que a persoa estaba falecida e ademais comunicaron ao 112 Galicia que, ao parecer, o home estaba a realizar tarefas de poda e caera dunha altura duns dous metros.