Escuchar
venres, 3 Xullo, 2020

Un varón faleceu na tarde de onte despois de caer cando podaba unha árbore nunha finca da súa propiedade no lugar de Constela, no concello pontevedrés de Barro.

As lesións provocadas pola caída motivaron o desprazamento do helicóptero medicalizado con base en Santiago pero, unha vez no lugar do incidente, o equipo médico só puido confirmar o seu falecemento.

Co fin de aclarar as circunstancias do suceso, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil. Ademais, para prestar apoio aos profesionais sanitarios, tamén pasouse aviso aos membros de Protección Civil da localidade.