Escoitar
venres, 30 Xullo, 2021

Un home sufriu feridas de consideración esta mañá en Vila de Cruces logo de caer ao chan cando estaba a reparar o tellado da súa vivenda, situada no lugar de Outeiro.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ao fío do mediodía, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido e no que foi finalmente trasladado Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Cómpre salientar que, para prestar apoio do equipo médico desprazado na aeronave, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces e dos axentes da Garda Civil.