O varón sufriu lesións de diversa consideración ao precipitarse dunha altura cando facía uns arranxos na casa duns amigos no lugar de Sales, en Vedra (A Coruña).
Foi preto das 17:20 horas cando o 112 Galicia recibiu o aviso deste incidente: unha persoa solicitaba asistencia sanitaria para o afectado, que sufrira unha caída nunha casa situada na parroquia de San Fins de Sales.
Rapidamente, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaban a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Sen embargo, unha vez rematada a intervención, o equipo médico confirmou ao 112 que o ferido foi trasladado en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ao lugar tamén acudiron os axentes da Garda Civil co fin de coñecer as circunstancias do suceso.
Desde o 112 avisouse igualmente aos membros do GES da Estrada e aos efectivos de Protección Civil de Vedra, por se nalgún momento fose necesaria a súa colaboración.