Escuchar
domingo, 22 Setembro, 2019

Un home resultou ferido este mediodía ao  envorcar o tractor que manexaba.

O suceso ocorreu sobre as 12:15 horas nunha finca particular situada no termo municipal lucense de Taboada, no lugar de Carballo. Foi a esa hora, cando os servizos sanitarios comunicaban ao 112 Galicia a saída dun helicóptero medicalizado por un accidente de tractor. Aseguraban que o home estaba liberado.

Así, con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil, do GES de Monterroso e de Protección Civil da localidade.

Finalmente, aínda que o helicóptero se desprazou ata o punto e tomou terra no mesmo lugar do suceso, non foi necesario o traslado do paciente na aeronave. Unha ambulancia trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de referencia.