Escoitar
martes, 16 Marzo, 2021

Un home precisou asistencia médica esta tarde despois de ser atropelado en Santa Comba.

Ocorreu na Avenida de Brasil, á altura do número 47, ao fío das 18:00 horas.

Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do accidente a través dunha persoa particular e, axiña, o persoal do CIAE deu conta dos feitos a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido.

Tamén interviñeron neste operativo os axentes da Policía Local e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil.