Escuchar
martes, 31 Marzo, 2020

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a un home que resultou ferido de consideración ao caer dunha árbore en Redondela.

Sucedeu mentres o señor realizaba algúns traballos na finca da súa propiedade.

Pasaban apenas un par de minutos das seis desta tarde cando unha persoa chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para un home que sufrira unha caída de altura. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para a atención e posterior traslado do ferido ao centro hospitalario de referencia.

Ao lugar, no Casal do Monte, acudiron tamén os efectivos do servizo local de emerxencias de Redondela, que comprobaron que a persoa estaba liberada e accesible, polo que descartaron empregar material de excarcelación.