Escoitar
xoves, 6 Maio, 2021

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao mediodía de hoxe a un home que sufriu lesións de diversa consideración ao envorcar o motocultor que manexaba na parroquia de Andrade, no municipio coruñés de Aranga.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o ferido necesitaba axuda dos servizos de emerxencia tras caer da maquina agrícola no lugar dos Loureiros, moi preto das dúas horas da tarde.

Ademais, ante a posibilidade de que o ferido estivese atrapado polo vehículo, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros do Eume, que, finalmente, descartaron intervir ao comprobarse que o condutor estaba liberado e accesible.

Finalmente, o home foi atendido polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e evacuado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Cómpre indicar que ata o lugar tamén acudiron os axentes da Garda Civil e da Policía Local. Os membros de Protección Civil de Pontedeume recibiron o aviso do accidente por se fose necesaria a súa colaboración.

facebook twitter instagram