Escuchar
domingo, 25 Agosto, 2019

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a pasada noite a un home con queimaduras nas mans debido a un incendio declarado no vehículo que conducía.

Sobre todo, o lume afectou á carga que transportaba, isto é, material de fontanería e o capuchón dunha bombona de gas.

Todo ocorreu ás 21:20 horas de onte á altura da Igrexa de San Pedro de Mezonzo, na Coruña, tal e como indicaron varios veciños que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda. Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos bombeiros da cidade para sufocar un incendio que acabou provocando lesións importantes nas mans ao ocupante da furgoneta en chamas.

Deste xeito, ademais dos bombeiros, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladaron ao ferido ao centro hospitalario de referencia.