Escoitar
sábado, 15 Xaneiro, 2022

Un home foi trasladado en ambulancia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro, logo de sufrir unha caída desde unha árbore, na localidade de Mos.

O 112 Galicia recibiu o aviso, por parte dos membros do GES do concello, pasadas as sete da tarde. Na comunicación, indicaban que ían acudir ao lugar de Teimonde para comprobar a situación. Unha vez alí, confirmáronlle aos operadores do 112 que o home estaba subido a unha escada, para poder podar a árbore, e que esvarou da mesma, o que fixo que necesitase ser trasladado en estado grave.

Desde o CIAE-112 Galicia brindáronselle tamén os datos aos axentes da Policía Local.

facebook twitter instagram