Escoitar
venres, 5 Agosto, 2022

Debido ás lesións ocasionadas, os servizos sanitarios mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que trasladou ao ferido ao Hospital de referencia.

Sucedeu nunha finca, en Leitagro, en Almuíña, no concello lucense de Taboada, onde o operario realizaba traballos cunha máquina agrícola.

Ao fío das 18:30 horas, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaba ao 112 Galicia, a saída da aeronave cara o punto anteriormente indicado. Indicaban que se trataba dun home que sufrira un accidente coa máquina coa que estaba traballando.

Desde o 112 Galicia informouse da situación á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade, que nada máis chegar, confirmaron a evacuación do home na aeronave.