Escoitar
mércores, 5 Outubro, 2022

A esta hora, segundo a información recollida no 112 Galicia, os servizos de emerxencia teñen controlado o incendio, sen que se producisen danos persoais. Pouco antes da 1:00 horas desta madrugada confirmábase a extinción dos últimos rescaldos.

Tampouco tivo lugar ningún tipo de vertido que afectase a augas fluviais. Iso si, as lapas queimaron unha zona de monte próxima á nave, situada no Camiño Treilán, na parroquia de Requeixo, polo que se deu conta do incendio aos efectivos do distrito forestal da zona.

Tamén acudiron ata o lugar do lume, tras ser alertados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Sarria e de Monforte de Lemos. Estes últimos xa regresaron á súa base tras conseguir conter e controlar as lapas.

Ademais, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e das autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.

Cómpre sinalar que, ao fío das 15:30 horas, o 112 Galicia recibiu a alerta do incendio a través de varias persoas particulares.