Escoitar
martes, 30 Novembro, 2021

Un lume declarado nunha tenda situada na rúa Ervedelo, en Ourense, calcinou o interior do local, pero, afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida.

O 112 Galicia recibía o aviso do incendio a través dun particular, que informaba, arredor da unha e media da tarde, que había un lume nunha tenda de roupa.

Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) comunicaron os feitos aos Bombeiros de Ourense, á Policía Local e a Protección Civil.

Ao remate das súas tarefas, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que o incendio calcinara, por completo, o interior do local, no que había roupa e mobiliario.