Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 25 Marzo, 2023

Trátase do terceiro andar dun edificio situado na Rúa das Camelias. Os Bombeiros de Ourense tiveron que desaloxar aos veciños da segunda planta e do baixo do inmoble. Afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida.

Os feitos sucederon ao fío das 6:00 horas desta pasada madrugada. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do incendio.

A partir de aí, requiriuse a intervención dos Bombeiros e da Policía Local.

Arde un alpendre lindeiro a unha vivenda en Narón
Por outra banda, os Bombeiros de Narón interviñeron para extinguir un incendio declarado nun alpendre lindeiro a unha casa, na parroquia de Doso.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón, ardeu por completo a construción, na que se almacenaba leña, mobles e diversos aveños, sen que se rexistrasen danos persoais. Ademais, o lume tamén afectou á fachada da casa e unha pequena cantidade de fume entrou na vivenda.

O 112 Galicia tivo coñecemento do incendio uns minutos despois das 22:15 horas da pasada noite, a través dunha persoa particular.

Acto seguido, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Narón, da Policía Local e da Policía Nacional.

Arde un cadro eléctrico nunha cafetaría en Sanxenxo
Ademais, os Bombeiros de Ribadumia sufocaron un incendio que afectou a un cadro eléctrico nun local de hostalaría, no Paseo da Praia de Silgar, sen que rexistrasen danos persoais.

Uns minutos antes das 09:00 horas desta mañá, os efectivos do GES de Sanxenxo contactaban co 112 Galicia para alertar do lume. Segundo indicaban, saían cara ao lugar do incendio a petición da Policía Local.

Nada máis recibir o aviso, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ribadumia.

facebook twitter instagram