Escoitar
martes, 23 Xuño, 2020

Un incendio orixinado nunha bomba de calor situada no interior dun garaxe deixou un vehículo e varios enseres calcinados en Porto do Son. Afortunadamente, sen lamentar danos persoais.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 16:45 horas desta tarde. Foi a esa hora, cando un morador da vivenda contactaba co 112 Galicia para alertar do sucedido.

Así, os xestores de emerxencias alertaron aos Bombeiros de Ribeira e Boiro, que decontado se desprazaron ao punto. Do mesmo xeito, puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil e Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, os servizos de emerxencia finalizaron as tarefas de extinción do lume pasados un minutos das seis da tarde.