Escoitar
luns, 9 Decembro, 2019

Un incendio declarado na cociña dun restaurante da Avenida do Porto, no concello coruñés de Sada, deixou diversos obxectos calcinados sen, afortunadamente, causar ningún dano persoal.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos bombeiros, arderon os mobles da cociña, a campá extractora e diversos mobles do establecemento.

Ás 16:30 horas, a chamada dunha persoa particular puxo en alerta aos xestores do 112 Galicia. De inmediato, púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Betanzos, dos membros de Protección Civil de Sada e dos axentes da Garda Civil e Policía Local. Igualmente, avisouse tamén aos servizos sanitarios por se fose necesaria a súa intervención.