Escuchar
sábado, 25 Xaneiro, 2020

Un edificio de catro plantas situado na Avenida Portugal, no concello ourensán de Verín, resultou bastante danado a causa dun lume declarado no seu interior sen que, afortunadamente, se rexistraran danos persoais.

Segundo a información facilitada polos Bombeiros de Verín ao 112 Galicia, ardeu o tellado da terraza do primeiro piso por culpa dun material plástico almacenado próximo a unha cheminea. O lume afectou non soamente ao seu interior dese piso, como tamén á fachada da vivenda superior e, consecuentemente, o fume terminou por alcanzar ás demais plantas.

O 112 Galicia tivo constancia do lume ás 16:00 horas a través da chamada dos veciños do inmoble que percibiron o fume no tellado do edificio. De feito, as testemuñas do incidente trataron de avisar aos demais moradores do inmoble para que puidesen abandonar o lugar.

Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais sanitarios, aos Bombeiros de Verín, aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.

Tras rematar a intervención, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que ninguén resultou afectado.