Escoitar
domingo, 17 Outubro, 2021

O garaxe dunha vivenda rematou consumido polo lume, esta mañá, no concello de Ourense.

Varios particulares chamaron, moi preto das sete e media horas, ao 112 Galicia para informar dun incendio na Rúa do Licenciado Molina. Durante a comunicación cos xestores de emerxencias, as testemuñas do suceso indicaban que víase saír fume do interior dun garaxe e que non había persoas feridas.

Deste xeito, o 112 Galicia deu aviso aos Bombeiros de Ourense e aos axentes da Policía Local.

As labores de extinción entendéronse durante toda a mañá por mor da cantidade de material almacenado nas instalacións. Ao rematar a intervención e asegurar a retomada das condicións de seguridade, os bombeiros confirmaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia que ardeu o garaxe por completo e que no seu interior había un vehículo, un conxelador e apeiros de labranza. Con todo, non houbo que lamentar danos persoais.