Escoitar
luns, 4 Xullo, 2022

O lume, que comezou nun televisor do salón da vivenda, provocou que a estancia quedase calcinada e a casa totalmente inutilizable, ao encherse de feluxe. Segundo a información recollida no 112 Galicia, ningunha persoa resultou ferida ao non haber ninguén no interior da vivenda cando se orixinou o incendio.

Sucedeu no lugar de Vilar de Astrés, ao fío das 20:00 horas. Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para dar conta do lume na casa.

Nada máis ter coñecemento dos feitos, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Ourense e da Policía Local.