Escoitar
luns, 29 Novembro, 2021

A casa, segundo indicaron os Bombeiros,  ardeu na súa totalidade pero, afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida.

Foi un veciño quen, ao redor das dúas e media deste mediodía, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que ardía unha casa  en Feal de Ansemil, en Celanova pero descoñecía si había persoas feridas.

Así, tras recibir a chamada do alertante, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario, por precaución. Ademais, pasaron aviso de inmediato aos Bombeiros de Celanova, que xa estaban de camiño, posto que xa tiñan constancia do incendio, tamén foron informados os axentes da Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Tras rematar as tarefas de extinción e de arrefriamento da zona, os Bombeiros confirmaron que as lapas calcinaran por completo o inmoble. Polo momento, descoñécense as causas que puideron orixinar o lume.