Imaxe escoitar Escoitar
luns, 28 Decembro, 2020

Os Bombeiros de Viveiro traballan na extinción dun lume que se iniciou na maquinaria dun muíño eólico situado no alto de Fontecova, en  Magazos, no concello lucense de Viveiro. Segundo informóuselle ao 112 Galicia, os profesionais de extinción traballan arreo para evitar que as chamas se propaguen ao monte.

Así mesmo, confírmase que ningún dos outros muíños da zona tampouco se viron afectados.

A escasos minutos das cinco e media desta tarde varios particulares informaban ao 112 Galicia do incendio, indicaban que ardía pola zona dos muíños pero sen precisar exactamente o que ardía.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Viveiro, dos axentes da Garda Civil, Policía Nacional, Local e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Do mesmo xeito, foron informados o persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e a empresa que fornece a electricidade dos muíños.

A esta hora, os efectivos de Protección Civil comunicaron ao 112 Galicia que o incendio está practicamente extinguido.

 

facebook twitter instagram