Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 20 Xaneiro, 2019

Un incendio declarado este mediodía en Teo nun taller de chapa e pintura provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Os feitos ocorreron no lugar da Póboa, na parroquia coruñesa de Cacheiras.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 14:00 horas para dar conta do incendio. Indicaba no seu relato que saía moito fume dende o tellado do taller e que se escoitaban explosións.

Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en marcha un operativo que contou coa intervención do 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Boiro, GES da Estrada, Garda Civil, Policía Local e voluntarios de Protección Civil da Estrada.

Non obstante, os xestores do 112 Galicia tamén informaron dos feitos aos Bombeiros de Santiago e de Ordes, aos voluntarios de Protección Civil de Teo, á Augas de Galicia, á Empresa Sogaris e ao persoal da Consellería de Medio Ambiente por si fose necesaria a súa intervención.

Tras rematar as labores de extinción, os servizos de emerxencia confirmaron que tratouse de unha avaría nun cadro eléctrico.

Incendio galpón
Por outra banda, preto das 16:00 horas, ardeu parte dun galpón no lugar da Cabana, no concello coruñés de As Pontes de García Rodríguez. 

Tratouse dun alpendre no que se almacenaba leña, obxectos varios e tamén bombonas de butano. O 112 Galicia nada máis ter constancia de esa información alertou aos Bombeiros de Eume, á Garda Civil, á Policía Local e tamén aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Os membros do parque comarcal indicaron que o incendio empezou nunha cheminea e que ardeu parte do galpón e todo o teito.

facebook twitter instagram