Escuchar
domingo, 24 Marzo, 2019

Un incendio orixinado nunha ferraxería situada no baixo dun inmoble obrigou os servizos de emerxencia a desaloxar un edificio de tres plantas na localidade coruñesa de Rianxiño. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

O Centro integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, tivo constancia dos feitos poucos minutos antes das 18:00 horas da tarde de onte cando os Bombeiros de Boiro solicitaron colaboración para realizar as labores de extinción.

Decontado, desde o CIAE solicitouse a intervención dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Ata o lugar tamén desprazáronse os Bombeiros de Ribeira, membros da Policía Local e unha ambulancia permaneceu no punto por precaución.

Tras realizar o desaloxo do edificio e rematar a intervención, confirmouse que o lume foi orixinado no material eléctrico da ferraxería  e o resto do inmoble viuse afectado polo fume. De momento descoñécense as causas que puideron provocar o incendio.

Despois da realización das comprobacións oportunas por parte do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento, unha das vivendas permaneceu inhabilitada pola alta concentración de monóxido de carbono no seu interior. Os demais veciños puideron regresar aos seus pisos pouco despois da medianoite.