Un incendio declarado esta mañá nunha nave dedicada á explotación de polos en Vilamarín provocou danos no seu interior. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, algúns animais morreron e parte da instalación eléctrica resultou afectada.
Ao fío das 09:10 horas, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiron a alerta dun incendio nunha nave de explotación de polos no lugar de Pitón.
De inmediato, desde o CIAE 112 Galicia, pasouse aviso aos Bombeiros do Carballiño, aos voluntarios de Protección Civil de Vilamarín e do Carballiño, á Garda Civil e á Policía Local. Ademais, tamén alertouse por precaución aos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias.
Tras rematar os traballos de extinción, os servizos de emerxencia confirmaron que arderon comedeiros e serraduras.