Imaxe escoitar Escoitar
venres, 17 Setembro, 2021

Un incendio orixinado no interior dunha nave industrial de chatarra, en Poio, calcina diverso material sen causar danos persoais.

Foron varias as persoas particulares as que, a poucos minutos das tres da madrugada, chamaron ao 112 Galicia para informar dos feitos. Así, alertaban de que saía fume e lume do interior dunha nave de chatarra, situada na Avenida Peirao Besada, en Lourido. 

Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) notificóuselle o incendio aos Bombeiros de Ribadumia, ao GES de Sanxenxo, a Protección Civil da localidade, á Garda Civil e, como medida preventiva, aos servizos sanitarios. Ademais, tamén se desprazaron, ata o lugar, dotacións de Bombeiros dos parques de Pontevedra e do Morrazo xunto con medios forestais, para brindar apoio nas tarefas de sufocación das lapas. 

Unha vez finalizada a intervención, os servizos de emerxencias confirmáronlle aos operadores do 112 que ardeu chatarra e diverso material acumulado dentro da edificación. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.

facebook twitter instagram