Imaxe escoitar Escoitar
luns, 28 Novembro, 2022

Os alertadores confirmaron dende o primeiro momento que ninguén resultara ferido por consecuencia deste lume, no que arderon un vehículo e os bens materiais almacenados.

O 112 Galicia recibiu o aviso minutos antes das 7:00 horas desta mañá, a través da chamada dun particular. Este indicaba que saían lapas dun coche aparcado dentro dun garaxe no lugar de Pazos, en Vilaboa.

Os Bombeiros do Morrazo traballaron para apagar as chamas con rapidez, controlando e dando por extinguido o incendio pouco despois das 8 horas. Eran os efectivos que traballaron no punto os que facían balance dos danos materiais: ardeu por completo un coche, así como o material almacenado. O garaxe, pola súa banda, viuse afectado nas paredes e no teito.

Ademais dos Bombeiros, no operativo participaron os axentes da Garda Civil.

facebook twitter instagram