Imaxe escoitar Escoitar
venres, 13 Decembro, 2019

Un curtocircuíto puido ser a causa dun incendio que afectou a dúas estancias dunha casa na parroquia de San Salvador de Seoane, no concello lucense de Monforte de Lemos, sen causar danos persoais.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos bombeiros, as lapas consumiron diversos electrodomésticos, pero a estrutura do inmoble non resultou danada.

Nada máis ter constancia dos feitos, a través da chamada dun particular ás 13:30 horas, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Monforte, dos axentes da Policía Local e Nacional e tamén dos membros de Protección Civil da localidade.

facebook twitter instagram