Imaxe escoitar Escoitar
venres, 10 Maio, 2019

Un incendio declarado a pasada noite nun alpendre en Narón deixou danos no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida nin tampouco afectada. O lume, que afectou a vinte e cinco rolos de herba seca que se almacenaban dentro da construción, orixinouse ao redor das 00:20 horas e quedou extinguido ao fío das 6:00 horas.

Sucedeu na parroquia de Sedes, concretamente no lugar da Feira do Trece. Foron os Bombeiros de Narón os que alertaron ao 112 Galicia do incendio e, acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento da Policía Nacional e Local.

Está previsto que durante esta mañá os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón acudan de novo ata o lugar para comprobar a zona afectada.

Incendio en Ponteareas
Un incendio declarado esta noite nun local en Ponteareas provocou a mobilización dos servizos de emerxencia, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume, que se orixinou nunha habitación, calcinou unha cama, un moble e unha televisión. Ademais, debido ao fume provocado, foi preciso ventilar todo a planta do local.

Os feitos ocorreron nun local situado na saída 303 da A-52 no concello pontevedrés de Ponteareas, ao fío das dúas desta madrugada. Nese momento, o 112 Galicia foi informado polos Bombeiros do Porriño, que se desprazaban ao lugar do suceso.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaba do sucedido aos axentes da Garda Civil, aos membros do GES de Ponteareas e a Protección Civil da localidade. Ademais, solicitouse a colaboración da Policía Local do Porriño e Ponteareas.

facebook twitter instagram