Escoitar
venres, 10 Abril, 2020

Un menor resultou ferido na tarde de hoxe despois de sufrir unha caída na parroquia de Vileiriz, no concello lucense do Páramo.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 18:45 horas ao recibir a chamada dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-06 solicitando apoio para o desprazamento do helicóptero medicalizado con base en Ourense a causa do incidente.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasaron aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Poucos minutos despois, a aeronave tomou terra no mesmo lugar dos feitos.

facebook twitter instagram